«[…] O Grupo Alea de Análise Poética (GAAP) formalizou a súa constitución no mes de xaneiro de 2009. Fixa como obxectivo a dinamización da investigación sobre materia poética e sobre os propios procedementos de análise metodolóxica e de decisión sobre de qué hai que falar cando se fala de poesía. Trátase dunha tarefa entendida na súa dimensión participativa no campo literario-cultural. O GAAP aspira a intervir nese campo achegando un discurso teórico e crítico plurívoco, non cinguido a coordenadas apriorísticas e acompañado dun esforzo por documentar da mellor maneira posíbel o curso da poesía contemporánea, a que está viva e ten algunha clase de cometido e presenza na esfera pública.
Forman o GAAP dez investigadoras e investigadores que comparten o interese polo debate metodolóxico na esfera teórico-crítica e comparada pero que no marco das análises que se comprometen a activar como colectivo orientarán o labor con determinación e claridade á produción poética galega, sobre todo á propia dos séculos XX e XXI. […]» (Ler máis en Lándoas)
Moito teño escoitado no Blogomillo e fóra del que a análise da poesía non admitía sistematizacións, nin había metodoloxía que lle fose propia salvo a interpretación inspirada e continxente do crítico definitivamente afectado pola era e Acuario. Eu considero que sempre souben falar sobre algunhas cuestións pertinentes dun poema calquera que fose, de calquera época e estilo, sempre que escrito nunha lingua na que tivese unha alta competencia. E falar de modo pertinente significa o contrario que de modo aleatorio, é dicir, significa falar coherentemente de arte escrita apoiándose en cuestións que obxectivamente se observan no texto. Non significa agotar o sentido do poema nin achar a fórmula exacta que fai o poema ser o que é. Significa simplemente mostrar unha verdade asumíbel, a que o crítico conseguiu ver através dun criterio que fica á vista como as ferramentas de precisión do cirurxán.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …