IGMIG é un trío musical vigués. Fundado por Nacho Muñoz na voz e teclados, e Miguel Seoane na voz e guitarra, IGMIG empeza como dúo experimental alá polo 2001, ata que, anos máis tarde, entra en escena Suso Feixón e a súa percusión. Pospunk, rock progresivo, electrónica, música clásica do século XX e unha posta en escena teatral e eufórica definen a este trío, parte do colectivo musical A Metamovida. Logo do seu fulgurante primeiro traballo, Shaishakarraskaishe (2014), os Igmig volven á carga con Ai que Lea! (2017), un disco cargado de sentido do humor e inimaxinables combinacións sonoras tan características da banda. En 2018 ganan o premio V premio Martín Codax de Música Rock.
Como vos coñecístedes?
Coñecímonos nunha festa en Vigo, despois fumos a un concerto de Pollito de California no Manco, puxémonos a improvisar con él, botounos do palco e decidimos montar un grupo.
E por que facer un grupo?
Daquela non había dinosetos, luces nen escaleras mecánicas chachis, e ademais era mellor que gastalo todo en cubatas, ainda que iso tamén o facíamos.
Se tiverades que describir IGMIG que diriades?
É un espacio de creación sonora libre, no que ten cabida todo o que se nos ocurre e moitas cousas que inda non sabemos.
As letras de que universo xorden? Que queredes expresar con elas?
Xorden do subconsciente colectivo. A nós interésanos especialmente a parte máis sonora ou musical da palabra, o seu sotaque, iso permítenos expresarnos en calqueira lingua, e a partir deses gruñidos damos forma ás letras, ou as deixamos así directamente.
Cales son os vosos grupos de referencia?
Poyito de California foi o detonante.
O Postpunk como se perfila na vosa música?
Básicamente dende a liberdade creative e a autoorganización.
A política como a definiriades?
O acto de organización colectiva que irresponsávelmente temos delegado nunha turma de irresponsábeis. En Igmig impera o anarquismo útil, matizado con algunhas pequenas doses de mesianismo para animar un pouco a cousa.
Os Movementos sociais teñen importancia para vós?
Si, claro, son a verdadeira política, mesmo a música é un movimento social, inda que o que máis nos está flipando agora é ese movemento de movementos que é o feminismo.
O indiviualismo sería unha doutrina aceptábel?
Joder xa molaba! mágoa que as persoas nos necesitemos tanto unhas ás outras..
O ser co todo, como vos relacionades co Universo?
Antes o Universo era unha cousa enorme e inalcanzábel, agora che das conta de que aquilo foi unha gran mentira e todo está muito máis perto. En igmig nos relacionamos co universo científicamente e de festa, e decir, comendo, bebendo, pinando e bailando dunha forma organizada e sistemática.
O amor é un motor de IGMIG… para que?
Para a convivencia, e na verdade para calqueira cousa, sen amor non ocorre absolutamente nada, tal vez nen sequera a nada.
Amar a outro, a outros… que supón da nosa parte?
A consagración e a transcendencia do propio ser, inda que amar ao prójimo igual consiste simplemente en deixalo en paz..
Amar é un acto de resistencia?
É un acto de resistencia co que vences ás resistencias. Amar é o auténtico poder.
A espiritualidade… como nos transcendemos a nós mesmos?
A espiritualidade é unha jipiada para xustificar o incomprensible do amor, pero non deixa de ser o mesmo amor-arte-espiritualidade. A Igmig os momentos así transcendentes aparécen-nos sobre todo nas resacas, andamos medio flipados por ahí e vemos cousas incríbeis.
Se tiveras un minuto no telexornal serán… que dirías?
Suso faríase un porro, ig pediría cervexa para todxs e mig sacaría a pirola.
Foto de IGMIG da capa por Isi González.
You might also like
More from Entrevistas
À conversa com Luciene Carvalho | Carla Nepomuceno
Luciene Carvalho, a primeira mulher negra no Brasil a assumir a presidência de uma Academia de Letras
Tocar na palavra de forma viva | Sobre «Câmara de ar», de Hirondina Joshua
Câmara de ar (douda correria, 2023) é o último livro de Hirondina Joshua. Da Palavra Comum tivemos a honra de …