«Como afecta o paradigma dixital á literatura en xeral?
A administración está a traballar adecuadamente dixitalizando contidos a unha boa marcha, a través da Biblioteca Virtual Cervantes e a Biblioteca Digital Siglo XXI. Tamén facilitando o acceso aos contidos e ás bibliotecas a través do proxecto EX LIBRIS, con acceso ás bibliotecas do mundo (aínda que en moitos casos non poidamos consultar os llibros.
D. Romero, membro de CEDRO, lamenta o perigo que corren os textos ante a perda de dereitos de autor e que convive co esforzo enorme que está a facer CEDRO para chegar a acordos sobre dereitos.
Na Complutense non reciben beneficios de ningún tipo polo esforzo do profesorado para pasar as leccións a formatos dixitais mais fano porque saben que é a súa responsabilidade.
Non esixe aos seus estudantes a adquisición dun lector de libros electrónicos aínda que lle acaba de explicar o comercial de Ylliad, que está na entrada da Biblioteca onde se celebran estas xornadas, que serán o futuro da lectura. […]» (Ler máis en Tati Mancebo)
You might also like
More from Livro electrónico
Do Calepino ao Ipad en catro minutos
No día do libro non quixen deixar de ofrecer como humilde contributo a miña propia experiencia de lectura, no extenso …
“Ensinar literatura”, curso da UDC
O xoves estaremos no Reitorado da USC promovendo un diálogo sobre os recursos dixitais que a literatura xa non pode …