«Estes son os gañadores dos Premios AELG 2011, fallados na Cea das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que premian as mellores obras editadas en 2010 nas modalidades de:
- […] Literatura Infanto-xuvenil: O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.
- Mellor Traxectoria en Xornalismo Cultural: Ramón Nicolás.
- Ensaio: O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.
- Tradución: Marga do Val, pola tradución de Randea do alento (de Herta Müller).
- Teatro: Flores de Dunsinane, de Manuel Lourenzo.
- Mellor Blog Literario: O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.
- Narrativa: Todo é silencio, de Manuel Rivas.
- Poesía: Estremas, de Ana Romaní.
Alén destas categorías, entregáronse outros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
- Premio Institución Cultural […] este ano foi para a Fundación Penzol […].
- Premio AELG 2011 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor Antonio Gamoneda, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.» [Vía Axenda Cultural AELG]
A velada foi memorábel polo ambiente de irmandade que se respiraba. Foron varias as reivindicacións en favor da lingua e a cultura, e non faltou a propia do Antonio Gamoneda, quen recoñeceu neste país unha moi digna e férrea vontade de consolidar a súa cultura nestes tempos tan difíciles, vontade admirábel para el e grazas á cal sente renovadas as súas ansias reivindicativas, pois comprende e apoia as nosas. Pola miña parte, ademais de recibir múltiplos parabéns e ter ocasión de corresponder a tantas e tantos de igual modo, non perdín a ocasión de recoñecer a miña admiración pola obra do Gamoneda, así como agradecerlle o ben que fala da poesía galega sempre que ten ocasión e coincidir co mestre en que o portugués Herberto Helder ben podería ser o mellor poeta vivo de Europa.
Aliás, quero agradecer a colaboración dos amigos que teñen aberto o ángulo de visión e acrecentado a calidade d’ O Levantador de minas (Tati Mancebo, Ramiro Torres, Ernesto Vázquez Souza, François Davó, José António Lozano, Pedro Casteleiro, Suso Pensado), así como as intervencións de todas as persoas que teñen fructuosamente participado con moitos e interesantes comentarios sobre os temas tratados neste blogue.
[A entrega de premios foi emitida ao vivo por Tati Mancebo]
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …