«O volume que agora comentamos, Versos fatídicos (1994–2010), reúne a produción poética de Alfredo Ferreiro (A Coruña, 1969). Latexan nos seus poemas distintos alentos. Por exemplo, un claro fervor protestatorio, especialmente na sección “Textos bélicos”; ou un aparente discurso reflexivo sobre o acto creativo que acaba sendo, á súa vez, creación:“escribir un poema debe ser un diluvio que agoniza”.Tamén existe un núcleo temático moi fermoso cando o autor explora a urbe onde se domicilian as súa inquietudes vitais,“A cidade engrinaldada”, e entón lemos:“Aquí o mar entrégase e non dicimos nada: bañámonos en auga falsa, rebozámonos en terra negra e saímos enxoitos da nosa noite estraña”.
Tamén conviven, no interior das pezas máis diversas, momentos de rara clarividencia que nos deslumbran: “A cidade adormece as súas unllas de prata”, onde percibimos un depurado surrealismo con ecos que nos cegan e que van de Breton a Lorca,de Éluard a Octavio Paz,mais que o noso artista destila no seu persoal estilo. Por iso non son estraños aquí algúns elementos amargos,como gotas de suprema acidez, no medio de textos aparentemente descritivos. Definitivamente, estamos ante unha voz que se suma ao noso entusiasmo polo panorama da nosa poesía actual. » {Faro da cultura, 19/01/2012, Faro de Vigo}
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …