Mensagens de Francisco Castiñeira

🔍Leia o artigo completo Cuspidiños

Cuspidiños

0 comentários 🕔09:00, 05.Jul 2017

E non sabes con quen me atopei? Coa Sabela, a do Roxo. Si, ía ben de tempo sen vela, porque seica viviu anos na cidade, pero agora volveu, contoumo ela. No supermercado. Vina no súper, quero dicir. Ten un cativo, un... Logo chego a iso. Non, ao neno non lle pasa nada, meu pobre, déixame explicarche. Pois vina no súper e funlle falar. Contoume iso, a nai morreu e ela decidiu volver e instalarse na

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo O escribente

O escribente

0 comentários 🕔11:30, 24.Nov 2016

- Que queres? -inquiriume secamente o vello. Medio corpo tapado pola porta que abrira só en parte, o outro medio apenas visible na escuridade da súa casa. E que lle ía querer. O mesmo que lle querían todos os veciños que rubían por esa corredoira ata esa casa solitaria na aba do monte, máis solitaria aínda cá aldea de abaixo, afogada entre nubes e chuvia no fondo da valgada. Que ía querer, coa miña vella capa

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo Insolvencia

Insolvencia

0 comentários 🕔12:30, 24.Set 2015

- Marta rouboume os cartos! Os cartos do meu peto! Quen berraba, coa melena recollida nunha cola que brincaba ó compás da súa indignación, era a súa filla Natalia. Tiña seis anos e gardaba as moedas esporádicas que lle daban eles e outros parentes adultos nun peto con forma de coelliño de porcelana. Agora que aprendía a contar Natalia gustaba de abrirlle o bandullo ó coello, contar as moedas, clasificalas, calcular o seu valor e volvelas

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>O irmán</em>

O irmán

0 comentários 🕔12:30, 15.Jun 2015

Eufemio Alvarades estaba orgulloso de dirixir a editora de máis sona e tradición da nosa literatura. Fundada polo seu tío-bisavó, a Editorial Alvarades publicara boa parte dos clásicos da nosa lingua. Pero Eufemio estaba máis orgulloso aínda de que fose na actualidade a editora de referencia no país, a máis prestixiosa e rendible, porque isto último era mérito do seu traballo. - Déixolle daquela o manuscrito aquí. Xa me contará. O visitante tendeulle a man e o

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>Aninovo</em>

Aninovo

0 comentários 🕔11:15, 18.Fev 2015

(Un bar, ruído, música, dous amigos ó final da barra). - Ese Néstor. -Ese Néstor. Un brinde. Por Néstor, estea onde estea. -Outro máis? Veña. Non nos vai sentar mal, a estas alturas. Por Néstor. (Os dous beben). - Oes, Nan. Non te embebedes moito, meu. Estamos aquí para algo. - Por Néstor. - Por Néstor e para contalo. Contar a historia. - A historia. - O que pasou, meu. O do Aninovo. - A historia. - Que si, Nan, que deixes de repetir como un

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>A hora que non foi</em>

A hora que non foi

0 comentários 🕔10:25, 12.Nov 2014

Espreguiceime na cama. Tiña aínda a roupa posta e a nugalla adherida ós ósos, pero non fora quen de durmir nada. Acendín a lámpada. O reloxo sinalaba as dúas da noite. 02:00. Mirei fóra. O tren estaba parado, tal e como estaba previsto. Recoñecín a estación pola xanela, malia a escuridade. Tan só un punto polo que pasara de xeito fugaz ducias de veces e ó cal nunca lle dera importancia. O meu destino era a

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>O soño inventado</em>

O soño inventado

0 comentários 🕔11:31, 10.Set 2014

A tarefa encomendada pola mestra para o día vindeiro era clara: escribir un soño e lelo en alto para toda a aula. O soño desa mesma noite ou doutra noite calquera. Por tolo ou absurdo que fose. El non quería desgustar a mestra, á que lle tiña moita lei. Sempre facía as tarefas, por difícil que fose atopar tempo e gañas. Nos exames non lle ía tan ben, estudaba ben de comezo, intenso, mais logo a

LEIA MAIS
🔍Leia o artigo completo <em>A señora Mauer</em>

A señora Mauer

0 comentários 🕔10:30, 02.Abr 2014

A señora Mauer deu en facer balance. Era unha idea que aboiaba arredor dela dende había semanas, meses, era difícil de precisar, á súa idade os días sucédense sen ofertar nada máis excitante que pasar follas do calendario. A escuridade descendía ós poucos sobre o cemiterio católico e a lene friaxe saudou os seus ósos. Abrochou o seu vello abrigo, non tan vello en anos, pero que ía xa gastado e cumpría cambialo. Non sería

LEIA MAIS