Mais uma vez agradecemos a Franck Meyer e Baldo Ramos o terem facilitado a publicação na Palavra Comum da sua obra.
Neste caso, trata-se de 5 poemas do seu livro conjunto 1+1=3, publicado por Edicións Positivas em 2016.
A fotografia que acompanha estes textos foi feita em Lugo em 2015.
*
III
ou imaxina que hai veleno
por todas partes
mais non podes marchar
porque os teus pés están demasiado metidos
en algo teu pegado
ao veleno
non obstante alleo á túa forma de ser
mais que é ser agora
se non unha serie
confusa de momentos ocos?
*
IX
era por maio
nas aulas da facultade nova
eu escribía poemas cheos de pólvora
que detonaban no interior da cegueira
aquelas palabras
dixeches un día
son como lagartos nun mundo detido
réptil que aniña nas fendas da sintaxe
onde o tempo dialoga coa amnesia
*
LXVIII
no oeste os reloxos non indican
a hora do lugar
de pensalo ben
o meu camiño ao poñente
sufriu? tivo? viviu?
unha desviación sureña (ben
incrustada desde entón) (feita
miña como o punto de
partida)
e así puidemos coincidir
cales son as variables
na teoría dos vectores de Bandín
que expliquen que os nosos pasos
aaaaa se cruzaron?
oracións condicionais
plasmadas en xeografía
que che vou dicir a ti
raiano?
acaso esa tanxente
non debería levar
a onde as consoantes
aaaaa poden ser sonoras
e falar non é boxeo
senón un aloumiño?
porén o Miño
turrou
aaaaa a contracorrente
*
LXX
o punto de encontro coido que está
nese espazo ignorado que nos convida a entrar
descoñecemento/estrañamento.
espazo común da discordia
os teus poemas aínda confían
os meus nacen da decepción da linguaxe
a vida vai por outro lado
e non falo de pesimismo
nos últimos tempos
para min escribir xa non é unha necesidade
é pouco máis que un refuxio
unha casa de acollida
na que ninguén te espera
*
XCI
terra de ninguén
a espera
despois do control
(mesmo hai que quitar o cinto)
no aeroporto
un xa non aquí
e aínda non aló
despedida entre parénteses
You might also like
More from Baldo Ramos
Vidoiros II
"Vidoiro" é a última obra publicada até agora de Neno Escuro, autor tanto da música como das imagens. Nas suas …
Entrevista a Baldo Ramos
- Palavra Comum: Que supõe para ti a literatura? - Baldo Ramos: Para min a literatura é un xeito de ver, …