O xoves 11 asistimos no contexto da mostra Outonarte á presentación da obra de Baldo Ramos, artista de xesto poético e plástico a un tempo. Falounos do valor da artesanía, e comprendimos a substancia daquilo que é feito reiteradamente de modo irrepetíbel, debido a unha fórmula en que a inspiración enxerta ho hábito unha variación irrepetíbel. Libros de todos os tamaños, altos como homes e pequenos como gatos, escritos a mao e pintados a pulso, remiten para impresións cardíacas incontornábeis tan misteriosas que as ensoñacións que producen tamén se revelan como pezas únicas. [kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qs3TZZ9hn34" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …