No día 24 de febreiro tivo lugar en Compostela a Asemblea Fundacional da Sección de Crítica Literaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Nunha mañá en que a eficiencia e o pragmatismo foron os desexos primeiros de todos os presentes, acordáronse tanto a organización inicial da sección como as liñas de actuación para o ano en curso. A independencia dentro da Asociación e a intención de constituírse como recurso útil para a profesionalización do sector foron aspectos patentes nesta primeira reunión. Máis información aquí.
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
O centro do mundo
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …
O Grupo Poético Hedral recitará hoxe en Arteixo
Agora que a libraría Á Lus do Candil (Arteixo) nos convida para recitarmos de novo xuntos, un grande orgullo acode …