Entrevista audiovisual de Estela Pan a poeta Clara Vidal:
Clara Vidal (A Coruña, 1992) aprendeu a ler con tres anos e escribe poemas dende os seis. Graduouse en Filoloxía no ano 2014 e no 2015 acadou un mestrado en Estudos Artísticos, Literarios e da Cultura e unha especialidade simultánea en Literatura Comparada, Teoría Literaria e Retórica. Logo disto, obtivo o título para a habilitación de didácticas en Secundaria co mestrado do itinerario de Linguas. Adoita «falar en verso» e escorregar fragmentos literarios ou letras de cancións nas conversas cotiás. A meirande parte das veces, a xente non se decata. Ten un carácter curioso e innatamente repugnantiño. A autora sabe moi pouca cousa de moitos asuntos; é dicir, non sabe nada. Cuestiónase sempre os motivos de todo porque cre que o único xeito de vida susténtase na aprendizaxe incesante. Afirma que os libros son unha das vigas máis esenciais das casas. Sen literatura que sosteña, non fica nada. Adora o mar bravo e rescatar versos onde a xente non escoita que en realidade xa existen. Poderíase dicir que é rescatadora de versos, antes ca poeta: os poetas sempre son nenos ou anciáns; o resto, afeccionan. Algúns dos seus poemas poden consultarse en http://claravidalpoemas.wordpress.com e tamén está aberta a súa canle de YouTube con videopoemas.
You might also like
More from Clara Vidal
7 poemas de Clara Vidal
Clara Vidal (A Coruña, 1992) aprendeu a ler con tres anos e escribe poemas dende os seis. Graduouse en Filoloxía …