«A Historia da Galiza medieval é a historia dun roubo. E non me refiro ao recente latrocinio do Códice Calixtino, do cal celebro conservarmos todos os seus contidos en facsímiles e edicións eruditas, algo moito máis relevante que o antigo coiro que os contén. Refírome ao roubo que supón escribir a Historia de tal modo que un reino multisecular fique sepultado por toneladas de estudos académicos máis comprometidos coa erección dunha nación aveseira do que coa verdade histórica máis elemental.
Un reino roubado ao seu pobo e unha nación ocultada polos programas escolares obrigatorios do Estado se non nos preocupamos por revelar a grandeza histórica do noso país. A grandeza que algúns dos nosos paisanos quixeron e queren desprezar. Mais caian os viles nas súas vilezas, ignorantes para quen desexo que o seu miserábel deus os provea da luz que lles nega e que así coñezan que lonxe camiñan da felicidade natural de amar o propio.
Claudio Sánchez Albornoz considerou España “un enigma histórico” e uniu o autenticamente “español” á prominencia de Castela por sobre todas as outras realidades político-económicas do medievo. E con este absurdo ocultou que o auténtico enigma é a Historia medieval da Galiza. Moitas son, con efecto, as cuestións que están a ser revisadas […]» {Ler todo o artigo en Galiza, o auténtico enigma histórico – Praza Pública}
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …