«Calquera localidade pode ser o centro do mundo; Xuan Bello fai, con emoción, que nestes textos Paniceiros sexa todo un mundo. Coimbra, Tánxer, Nova York, Barcelona… todos e máis collen en Paniceiros. As sete casas desta aldea asturiana gardan un espazo literario propio que Xuan Bello universaliza maxistralmente. É Historia Universal de Paniceiros unha das obras máis líricas e emocionantes que se escribiron nos últimos tempos. E non faltan críticos que afirman que a Historia Universal de Paniceiros é un dos libros máis fermosos das literaturas peninsulares, escrito nesta ocasión en asturiano, e que nós traducimos ao galego. E cremos que a cultura galega non debe nin pode ignorar as literaturas veciñas; é por iso que esta edición engade, ao valor de publicar unha gran obra literaria,o mérito de nos achegar a unha literatura como a asturiana, veciña de sempre e ignorada coma nunca. A Historia Universal de Paniceiros fará, a quen a lea, que descubra un gran escritor, e unha literatura, a asturiana, moi atractiva.» (Edicións Positivas)
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …