«Entendemos que a cultura galega é a que facemos entre todas as persoas que creamos, vehiculamos e desfrutamos os bens culturais do noso país na nosa lingua. A única en Galiza que crea estilos e redes e público interesado en seguir o seu percurso. A cultura en español é cultura española e a súa incidencia na sociedade galega non é propia, senón que lle vén prestada de Madrid, onde loxicamente desexan triunfar os seus creadores e creadoras.
A cultura galega, por estar nunha situación de desvantaxe con respecto á española, debe ser claramente apoiada desde a administración autonómica, como ben entenden desde hai moito tempo os nosos irmáns de Euskadi e de Cataluña.
Esiximos da administración autonómica o apoio sen reservas á produción, á distribución, á promoción, á internacionalización e á construción de redes, mais tamén ao cultivo do tecido cultural de base, como garantía de continuidade.
A cultura galega está a vivir un momento de efervescencia creativa, en rápida adaptación á era dixital. Nunca tanto e tan bo houbo, mais nunca a situación das industrias culturais foi tan precaria como a actual.
Como parte significativa da cidadanía que somos, esiximos un contorno amábel e sustentábel para todas as persoas que queremos vivir e educar os nosos fillos e as nosas fillas en galego: ir ao teatro en galego, ler literatura en galego ou escoitar música en galego, e até facer da cultura a nosa profesión, no noso país.
A forza do noso amor non pode ser inútil.
Organicémonos e esixamos o que en xustiza nos corresponde.» [Vía Achegarte11 | —] [Máis información en culturagalega.org]
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/vZVNKrUCgJM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
You might also like
More from Alfredo Ferreiro
Premios Xerais 2017: equipo de comunicación
Unha galería de fotos tiradas por Tiago Alves Costa & Alfredo Ferreiro, saíndo do porto de Cesantes (Redondela) e traballando …
O centro do mundo | Alfredo J. Ferreiro
Os tempos son duros, e as sensibilidades, inevitabelmente vanse mudando. Deste modo hai sucesos que antes, nun outro marco de …