[gv data=”Pve9ESFqUg0″ width=”425″ height=”350″][/gv]
Paco Souto recíbenos nunha casa habitada polos fantasmas familiares de todos nós. Escoitamos os ecos poderosos do tempo a falar dunha época, mestura de tempos, desde onde aínda nos falan os que alí foron e nunca voltaron. Albisco a voz da miña avoa e toda a súa parentela e doume conta de que haberán de ser os meus fillos ou talvez os meus netos quen os deixen marchar. Este grupo de poemas alquimicamente dispostos constitúe unha verdadeira psicofonía dos primeiros momentos que algún día chegaremos a chamar pasado. Unha lección de compaixón. Un enorme libro.
As horas de María, Ed. Espiral Maior (2007)
Premio Johán Carballeira 2006
You might also like
More from Críticas
ATIRAR UM OSSO À ESPERA de Rita Pitschieller Pupo | Luís Serguilha
ATIRAR UM OSSO À ESPERA de Rita Pitschieller Pupo, por Luís Serguilha
Sobre “Estado Demente Comrazão”, de Paulo Fernandes Mirás | Alfredo J. Ferreiro Salgueiro
Estado Demente Comrazão é um livro complicado. É por isso que não está na moda. Parabéns ao seu autor!