Foi nun acto organizado pola Asociación Cultural Monte da Estrela, no Centro Cívico de Arteixo. A transmisión deste tipo de coñecemento faise fundamental nos tempos que vivimos, nos que se cadra unha volta ao noso desprezado minifundismo é capaz de nos asegurar a mantenza nun futuro próximo, fóra das gadoupas das grandes multinacionais da alimentación.
Noutra orde de cousas, preguntástesvos nalgunha ocasión por que, sendo este país até onte eminentemente agrario, non coñecemos unha morea de titulados en enxeñaría agrónoma? Sendo como foron os anos 80 e 90 épocas en que case calquera puido estudar, por que non había oportunidades inesgotábeis na explotación do rural, sen dúbida un dos maiores recursos do país? Eu non coñezo practicamente ninguén que teña estudado isto, e para min é un sintoma das eivas socioeconómicas que padecemos desde tempo inmemorial.
Bieito Romero ademáis de teórico, foi home práctico e veciño exemplar: trouxo unha caixa de garrafas de sidra da súa produción particular, con varios bouquets diferentes para degustar.
You might also like
More from Sociedade
Manifestação Atlântica no dia dedicado a Urbano Lugris
Promovido pelo colectivo In Nave Civitas Lugris, o 7º dia Lugris decorreu nas ruas da Corunha com orgulho surrealista, afã …
Tolerância gráfica
"Tolerância gráfica" é um artigo sobre a escrita da língua galega de Alfredo Ferreiro publicado no jornal digital Praza Pública.