I. TEORÍAS
Das ansias imperialistas dos USA sabemos desde a súa formación como estado xa a finais do XVIII e principios do XIX, feito que continúa nos séculos XX e XXI.
Os presidentes, tanto republicanos como demócratas, levan a termo políticas de seguridade internacional que desembocan en conflitos armados arredor do mundo.
Revisaremos a realidade teórica desta situación que no continente americano ten unha punta de lanza.
A frase coa que se resume esta doctrina é “América para os americanos”, frase que denota de partida ambigüidade pola metonimia USA-América. Foi proclamada polo quinto presidente dos USA, James Monroe, quen conseguiu a vitoria fronte os federalistas. Pretendía que o poder colonial de Europa desaparecese do continente, nunha época, ademais, na que se estaba a repor as monarquías absolutistas despois das guerras napoleónicas.
Con todo, é preciso que do 1816 vaiamos ao goberno de Roosevelt (no s. XX), pois é aí cando se lle fai unha enmenda e xorde “o gran garrote”.
Este corolario é explícito na súa concepción: os USA poderán intervir nos asuntos de América no seu conxunto, é dicir, en América Latina. Como resposta xorde a Doctrina Díaz en México, para dar constancia do dereito dos pobos á autodeterminación e a disporen deles mesmos.
En canto a acción concretas dos USA que emanan desta política sinalamos a ocupación da República Dominicana, Cuba, Haití,… (analizadas a continuación).
Un sinal de que os intereses dos USA son os de contrarrestar os gobernos de esquerda no continente. e máis concretamente apoiar ditaduras que os favorecen con tratados económicos.
II. A INVASIÓN DE CUBA POLOS EEUU
A invasión data de finais do s. XIX e testemuña a política imperialista de EEUU, que exemplifica ademais O gran garrote. Por isto Cuba pasa de ser unha colonia de España a estar baixo dominio estadounidense, ainda que proclamada en estado independente. Así, para formalizalo, o 10 de decembro de 1898 fírmase o Tratado de París e constátase a fin da guerra hispano-estadounidense (1895-1898). Pero non falamos de desinterese dos EEUU pola independencia de Cuba, senón que a continuación dominaron todo o territorio, derivando nunha verdadeira ocupación militar. Así mesmo realizan un intento de acabar co PRC de José Martí e en xeral de eliminar a posesión de armas dos mambises. En termos xerais, o interese provén de que buscaban mercados e a supresión de aranceis para as súas mercadorías.
III. A INVASIÓN DA REPÚBLICA DOMINICANA
Este feito prodúcese no ano 1916 cunha declaración inicial que obriga ao presidente Desiderio Arias a saír do goberno baixo a ameaza de realizar un bombardeo en Santo Domingo e EEUU conforma un goberno militar ata o 1924. Ante este feito xorden grupos que contestan, os chamados gavilleros, que son derrocados no 1921. Un ano despois Juan Bautista asume a presidencia baixo a tutela dos EEUU. No 1924, despois da retirada e dunhas eleccións, asume o goberno Horacio Vásquez. Pero EEUU segue a ter control dos portos aduaneiros ata 1940.
IV. A INVASIÓN DE HAITÍ
A ocupación data de 1915 e pretende, como nos casos anteriores, salvagardar intereses das corporacións estadounidenses. E remata no 1934 cando Roosevelt asina un tratado de separación da illa. Un factor desencadeante na invasión foi a posesión de colonos alemáns dunha parte importante das fianzas. Deste xeito, pretenden controlar o banco nacional de Haití e loitar contra o antiestadounidense Rosalvo Bobo, que lideraba os inxurxentes baixo o lema de devolver a paz e a orde.
V. CONCLUSIÓNS
As invasións teñen un carácter non disuasorio, senón económico, e de pretensión de dominar o mundo, comezando por América na súa totalidade e no caso dos exemplos anteriores dos países do Caribe, que son os territorios máis próximos. O nacemento do imperio estadounidense pasa por controlar as economías nacionais e crear tratados internacionais para a libre circulación dos seus productos nun espazo no que o laissez-faire é a consigna levando o liberalismo económico como teoría que os xustifica.
You might also like
More from Estela Pan Vázquez
Entrevista | Diego Giráldez: “Agora mesmo a soidade é un antídoto”
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e …
Entrevista | Xoán Antón Pérez-Lema: Fascismos en Europa
Xoán Antón Pérez-Lema López (A Coruña, 1966). Avogado en exercicio dende 1990, con especial experiencia en Dereito Societario, Concursal, Mercantil …