A noite, as mans (azuis e negras)
Un auto que percorre as rúas de París.
Música de violín
A noite. As mans abertas. O negro na noite. En fronte o océano.
Na caverna. A intimidade.
Cuestión de identidade: “je t’aime”
Chamar. Berrar. Eu ámote e berro. E escribo. E quero que alguén me queira cando escribo.
[Cando amo.
A parede de pedra onde vai o berro.
Luz branca.
A palabra que non está inventada.
A inmensidade. A forza da inmensidade.
Os autos adiantan.
As rúas desertas. As prazas desertas. O día vai comezar. En París.
Os nomes. A indentidade.
“Je t’aime d’un amour indéfini”
O medo. O vento. As ondas.
A desfeita.
Amar máis aló. Les Champs Elysés. L’arc du triumphe.
*
A auga. O mar. Un barco.
A vila ao lonxe.
Escribir todo o tempo. Nada máis.
As pontes.
Un amor ao que achegarse. No tempo. Separación temporal. No tempo.
Árbores. Sol.
Rosas. Un gato a través do cristal. O gato está perdido. Chora. Berra.
Sempre a viaxe en barco. A auga.
Onde estás, que fas? El está morto hai tempo. Pola guerra.
O ceo. Azul. Os ollos do amante.
Un continente deserto.
Verán
Terra escura.
“Il n’y a été rien que ce chemin lá, le fleuve”
A luz baixa. As árbores. O vento. Os paxaros.
O ruído do barco do río.
A morte das rosas.
O ceo despois será negro. A noite.
Despacio o barco avanza. Luz na auga.
Non ver nada máis.
Todo foi habitado.
Notre dâme.
A fame.
Illas. Templos. Bosque.
“Je ne sais rien”
O Sena.
Chamar a través do tempo.
Escoitar. Intentar escoitar.
A fin dun amor.
Fragmentación.
“Qui êtes vous?”
A peste. A guerra. Siberia.
Un amor enteiro. Terríbel.
A morte. Unha vez. Cen mil.
“Vous m’avez vu”
O ruido do río. Os autos nas pontes.
Cracovia.
Fame. Vento. O gato.
Os corpos separados. A vila.
“Vous avez tout oublié”. Todo
Unha néboa no xardín.
O gato morreu. Inmóbil.
“Je vous attends”
Áurelie Steiner.
A noite. As luces da cidade. Das pontes. Os paseantes. O ceo. De París.
*
Fragmento do libro AUSENCIAS E PRESENZAS( FILMOGRAFÍA DE M.DURAS) de Estela Pan.
Medulia Editorial (31 de julio de 2019).
Prólogo de Tiago Alves Costa.
You might also like
More from Estela Pan Vázquez
Entrevista | Diego Giráldez: “Agora mesmo a soidade é un antídoto”
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e …
Entrevista | Xoán Antón Pérez-Lema: Fascismos en Europa
Xoán Antón Pérez-Lema López (A Coruña, 1966). Avogado en exercicio dende 1990, con especial experiencia en Dereito Societario, Concursal, Mercantil …