Unha prosa tan aséptica como o escenario en que malamente se desenvolve Mr. Blanks.
Un narrador inquietantemente omnisciente e omnipotente que fornece moita máis información da que inicialmente promete, filmando os pensamentos do protagonista e avanzando o imprevisíbel como se xa coñecese o final da historia.
Un estilo a medio vestir, como pasa as horas Mr. Blanks, a agardar que alguén lle tenda a roupa que debe poñer ou, mellor, unha man cargada de información.
Unha escusa para describir con detalle o que nunca se conta nas novelas nin se ve nos filmes, esas pequenas cousas que, no mellor ou no peor dos casos só se albiscan nos espazos en branco e nos cambios de secuencia.
Viaxes no scriptorium pertence ao grupo dos experimentos tentadores que poucos escritores se poden permitir acometer mais, entendemos, non xustifica as case 200 páxinas polas que circula nin os 16 € que custa. O propio Auster ten declarado en máis dunha ocasión que xa escribiu as súas mellores historias porque agora ten a sensación de repetirse. Este relato podería entenderse como unha tentativa de elevar a repetición á categoría de expresión artística mais os que non leron outras das súas novelas non o entenderán e os que si o fixemos podemos ficar coa impresión de asistirmos a un xogo formalmente pulcro mais practicamente alleo á literatura, que non se xustifica cunha presa de piscadelas.
You might also like
More from Críticas
Sobre “Estado Demente Comrazão”, de Paulo Fernandes Mirás | Alfredo J. Ferreiro Salgueiro
Estado Demente Comrazão é um livro complicado. É por isso que não está na moda. Parabéns ao seu autor!
O tempo das “Não-Coisas”. E o uso excessivo das redes sociais segundo Byung-Chul Han
"O que há nas coisas: esse é o verdadeiro mistério" Jacques Lacan Agarramos o smartphone, verificamos as notificações do Instagram, do Facebook, …