O ceo inmenso
non trae consolo
esta vez.
*
Sol na xanela.
Remanga os brazos.
Solta a melena.
*
Ninguén pasa.
O mendigo, na rúa,
imperturbable.
*
Paseante solitario
fálalle ao can.
Na praza, nin un alma.
*
Hai tempo que marcharon
os estorniños.
E eu recluído.
*
Días
sen misericordia.
Estrelas melancólicas.
*
Non sei se ese pardal
vén visitarme
ou curiosear.
*
Tempo tan lento
que o po descansa.
E elévase.
*
Olor a pan.
Todo, no mundo
parece encaixar.
*
Xavier Seoane (cf. AELG) é compositor habitual de haikus. O seu último livro publicado, «A póla branca, que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar. En palabras de Juan Martínez-Casanueva Viqueira, son haikus «máis preocupados por captar a impresión do momento, por atender a voz da natureza, por deixarse levar pola admiración ante todo acontecer que por dar cumprimento á formalidade do canon estrófico. Están entre o sentimento panteísta e o asombro cósmico, onde tamén hai sitio para a experiencia cotiá, o urbano, o pop».
You might also like
More from Poesia
Uma dose de poesia com Isa Corgosinho | Carla Nepomuceno
O Café con Português oferece cinco poemas do livro PANÓPTICOS & GIRASSÓIS da escritora brasileira Isa Corgosinho. «...Para ser capaz …
À conversa com Luciene Carvalho | Carla Nepomuceno
Luciene Carvalho, a primeira mulher negra no Brasil a assumir a presidência de uma Academia de Letras