Traspasar os límites semella unha encrucillada cando se fala do corpo. Outeiriño é conciso cando responde que os límites do ser están no corpo: “Non”. Con todo pregúntome como estudante de Medicina que pode haber máis alá del, se cadra a nada, o baleiro o néant pero ata o día da morte física do meu corpo non o saberei. O que vén despois é un misterio quizáis o máis ben gardado polos que nos precederon . “Non” sen ninguna outra explicación fai da pregunta unha especie de desexo que se acha pechado cando se ve a saída. Esa saída á vida eterna, á inmortalidade das almas e que seguindo a Deleuze só pode comezar pola propia morte, a de todos, a de cadaún. Non obstante existen preguntas máis terranais como é a infatigábel loita de clases da que desde Marx continuamos a falar sen saber exactamente quen é o inimigo. Esta idea ponnos na existencia enfrontados a algo que poida nin tan sequeira existir… con todo pode entreverse a desigualdade que fai que esa loita se manteña ainda en pé “superar a sociedade de clases”… “Oxalá que tornemos/onde collamos todos” Ou doutro xeito, o oprimido e o opresor…”Onde falaches do amo e do escravo” …Nunha sociedade utópica “A utopía, si, dunha sociedade inclusiva: unha sociedade libre de individuos libres, aínda que isto implique tensións coma as indicadas por Jon Elster no libro Ulises e as sereas”. Falo da sociedade e a natureza do ser humano tendente a dominar e exposto a pequenas cadeas cotidianas que o encerran sen razón. Só os seus anceios de liberdade fan xurdir unha sociedade de iguais. “O diálogo implica alteridade” e é o que nos fai unirnos aos outros é dicir, ter un común, un proxecto común. “A ausencia que completa a representación” Con todo sostén Outeiriño que en determinadas situacións o calado, o que non se di, pode ter máis forza que o que se di (volvemos a Derrida e o non-dito). Pero as palabras son poderosas e fan trasnformar o cotiá en algo máxico como a descuberta dun pétalo de catro follas. Abgrund é citado pro Outeriño para falar do absurdo ”Quén saberá da xorda fala do absurdo” , porque sen acción a comunicación pode perder o seu carácter efectivo e de transformación porque xa que ansiamos que o estado das cousas cambie, e evolucionar como humanidade. E para isto a arte ten un poder extraordinario… “A arte que non renuncia selo, que non se supedita a finalidades exteriores, é unha forma de facer política. A política da arte non é das bombas. Por outra banda, a política non é só polícía, coma diría Jacques Rancière. A respecto da relación entre política e estética, interésanme unhas cantas consideración de Jacques Rancière, poño por caso as do libro Et tant pis pour les gens fatigués (2009), que ten versión castelá (El tiempo de la igualdad) ou as do libro Le partage du sensible”.
Letras vencidas aseméllase a un tema de jazz “Quería frases longas, líricas, como as de John Coltrane” como di o autor polo fraseo libre do jazz “variábel” e tamén porque o jazz supuxo liberdade dentro e fóra da música pero ollo esta palabra é moitas veces empregada para fins do neoliberalismo capitalista que lle quita toda virtude. Aquela que si ten o mar…” transportas con fatiga/auga rara e palabras cruzadas e “Celebrámo-lo mar” “O mar aparece porque é símbolo da inmensidade e do movemento continuo”. E ademáis “A vida non é sempre unha festa. Os tres estalos están no remate do libro para que remate coma moitas festas galegas, sen máis pretensión cá de ofrecer un intre de diversión”. O que a lectura nos proporciona. O que o amor nos proporciona…” Penso que non hai amor sen promesas”. “Coma o perdón e o amor que prometiches”…No amor… unha cuestión de personaxes… “Sérmo-los personaxes sinistramente cómicos/dunha obra inacabada”. Pero “Hai obras acabadas e perfectas, véxase Sófocles”. Volvemos sempre aos mitos.
Fotografia de Manuel Outeiriño por Alberto Ramos.
You might also like
More from Estela Pan Vázquez
A noite. Ausencias e Presenzas (Filmografia de M. Duras)
A noite, as mans (azuis e negras) Un auto que percorre as rúas de París. Música de violín A noite. As mans abertas. …
Entrevista | Diego Giráldez: “Agora mesmo a soidade é un antídoto”
Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e …