Mai, quen me contou, como souben, cando tiven a intuición de que a luz xorde desde dentro?
Hai un camiño, xeneroso nas promesas de seu, cara ao fondo, que é primeiro un camiñar estreito entre tebras. Pero non nos perdemos, sabes, porque é unha volta, unha segunda vez. Buscarte, albiscarte, atoparte – todo é amor. Denantes do nome de cadaquén e cadaqué; denantes dos nomes da carraxe e da dor, denantes do fermoso e do laido, eis a lingua das mans.
Ámote coas mans. Ámote cos ollos. Ámote, abofé, ao te penetrar. No limiar do medo das bestas.
You might also like
More from Fotografia
Manuel Outumuro: Lembranzas de infancia e profesionalidade | Lito Caramés
Outumuro, O Retrato da Ausencia As imaxes que na infancia se gravan nos miolos sobreviven lúcidas perante décadas. Nas salas da …
Paz Errázuriz, o reverso da realidade chilena | Lito Caramés
A fotógrafa Paz Errázuriz retratou as faces antiestéticas, incómodas da ditadura de Pinochet. E segue na mesma liña.



